CRTVG

Buscar

O BNG reclama as pezas do patrimonio galego espoliadas

Publicado o 26/10/2019 13:37

O BNG reclámalle ao goberno central a devolución de varias pezas histórico-artísticas espoliadas do patrimonio galego durante o franquismo e no século XIX. Entre elas hai obras do taller do Mestre Mateo, da Catedral, e mostras de arte castrexa.

"A reclamación do patrimonio histórico e artístico presente nunha institución pública como é o Museo Arqueolóxico Nacional en Madrid. Estamos falando de 33 pezas de extraordinario valor artístico para o noso país." Asegurou Néstor Rego

Noticias web

26/10/2019