O BNG reclama protocolos de seguridade para iniciar o curso escolar con garantías
Publicado o 19/06/2020 15:41
A candidata do BNG mantivo un encontro coa comunidade educativa dun centro coruñés. Xuntos abordaron a situación do vindeiro curso escolar.
Ana Pontón propón abrir unha mesa de diálogo cos profesionais para iniciar ese curso coas máximas garantías sanitarias. Cre necesario establecer un protocolo para servizos como o comedor e o transporte.