O BNG reclama cunha caravana rebaixas das peaxes na AP-9
Publicado o 14/03/2021 13:49
Ducias de coches responderon á chamada do BNG para percorrer en caravana as rúas de Santiago esta mañá, reclamando rebaixas nas peaxes da AP-9.
É a segunda acción reivindicativa en poucos días, despois da que se fixo hai dúas semanas na Coruña coa mesma finalidade: reclamar ao Goberno a negociación inmediata con Audasa para a rebaixa do custo das peaxes.
Desde o BNG argumentan que os Presupostos xerais do Estado para este exercicio, contan cunha partida de máis de 50 millóns de euros para que este abaratamento sexa unha realidade.