O BNG propón un horario de votación preferente para as persoas maiores o 12-X
Publicado o 31/05/2020 19:00
O Bloque Nacionalista Galego propón un horario de votación preferente para as persoas maiores e ampliar ata as nove da noite a xornada nos colexios electorais. Sería unha medida para facilitar ao máximo a participación na xornada do 12 de xullo.
O BNG di que está a favor de adoptar todas as medidas que favorezan unha votación masiva, pero con todas as garantías democráticas e sen mudar as regras de xogo fixadas na lei.