O BNG propón poñer en marcha medidas de conciliación pola Covid-19
Publicado o 03/06/2020 15:20
O BNG avoga tamén por poñer en marcha medidas de conciliación. A voceira nacional visitou unha familia de Santiago con dous fillos menores ao seu cargo. Un exemplo, di, dos problemas aos que se enfrontan outras familias coa crise da Covid-19.
Ana Pontón propón crear un servizo de coidadores para suplir o peche das escolas infantís e os centros educativos: "Que se poña en marcha un servizo de coidadores que permita a conciliación. Que a Xunta faga unha especie de bolsa que permita a contratación deste servizo e que lle permita ter un recurso tan necesariio ás familias do noso país".