CRTVG

Buscar

O BNG propón destinar o 25 % do presuposto do Sergas á Atención Primaria

Publicado o 23/08/2021 14:47

O BNG di que a atención primaria en Galicia está en situación "límite" e faille catro propostas á Xunta que só precisan, enganden, de "vontade política": un plan de choque dotado con 200 M, aumentar os rastrexadores, incluír novas especialidades nos centros de saúde e aumentar o presuposto desta área do Sergas.

"Agora que se están elaborando os orzamentos da Xunta entendemos que ten que haber un incremento substancial dos recursos destinados á Atención Primaria, cun obxectivo moi claro na lexislatura que é que o 25 % do orzamento do Sergas se destine á Atención Primaria", defendeu Ana Pontón, voceira nacional do BNG.

Noticias web

23/08/2021