CRTVG

Buscar

O BNG propón crear un centro de enerxía nas Pontes cos fondos europeos

Publicado o 19/02/2021 15:55

O BNG presentou as súas propostas para o sector industrial e enerxético recollidas no programa Xerar Futuro. Quere aproveitar os fondos europeos para que Galicia sexa unha potencia en produción eléctrica.

Entre as iniciativas está un centro de enerxía nas Pontes. Segundo a voceira nacionalista Ana Pontón, "as Pontes é un concello con experiencia no sector enerxético, e hai que dar alternativas ao peche de Endesa".

Noticias web

19/02/2021