CRTVG

Buscar

O BNG presenta as súas candidaturas ao Congreso

Publicado o 05/10/2019 13:56

O BNG presentou oficialmente os seus candidatos ao Congreso para as próximas eleccións do 10 de novembro. O Bloque preséntase como a única forza comprometida exclusivamente cos intereses de Galicia que levará unha axenda propia a Madrid.

Con respecto aos comicios anteriores, mudan os cabezas de lista polas provincias de Lugo e Ourense: A deputada Olalla Rodil substituirá a Maite Ferreiro en Lugo e o ex-alcalde de Allariz, Francisco García encabezará a lista ourensá. Na provincia da Coruña repite Néstor Rego, e Carme da Silva lidera de novo a lista de Pontevedra. A encomenda de todos eles é que Galicia volva estar presente nas negociacións, e nos debates do Estado.


"O BNG pode facelo porque temos as mans libres para defender os intereses dos galegos e das galegas. Somos unha forza política que non ten ataduras e que nos move defender os intereses de Galiza e dar oportunidades para que neste país a xente poida seguir vivindo e traballando aquí con dignidade e que miremos ao futuro con esperanza.". Dixo Ana Pontón, voceira do BNG

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/10/2019