CRTVG

Buscar

O BNG prepara as eleccións do 26-M para recuperar a confianza do electorado

Publicado o 04/05/2019 16:40

O BNG valorou no seu Consello Nacional os resultados das eleccións xerais, nas que duplicou votos aínda que non chegou a conseguir escano. Coa vista posta xa na preparación das municipais, o Bloque presentará lista nun 80% dos concellos galegos, e Ana Miranda volverá ser a súa candidata en Europa.

A voceira nacional, Ana Pontón, insistiu esta mañá na necesidade de recuperar o prestixio da política ao servizo da cidadanía. Asegurou que máis da metade das persoas que se presentan nas súas cadidaturas son independentes e que se suman ao proxecto do BNG para seren determinantes nos próximos comicios.

"Os galegos e galegas teñen que saber que teñen o noso compromiso persoal e colectivo de facer desde os concellos unha Galiza máis próspera, xusta, con oportunidades e dereitos, e que ese traballo desde o ámbito municipal é clave para seguir transformando desde a base o país",  insistiu Ana Pontón, voceira nacional do BNG.

Noticias web

04/05/2019