O BNG pídelle á Xunta un plan de rescate da hostalería
Publicado o 15/01/2021 15:18
Esta mañá, a portavoz nacional do BNG reuniuse cos directivos da Asociación de Hostalería de Santiago, que lle transmitiron a situación crítica que atravesa o sector na cidade.
Ana Pontón reclámalle ao Goberno autonómico a posta en marcha inmediata de axudas directas que cubran ata o 70 % das perdas.
A líder nacionalista apuntou: "Dende a nosa formación somos os primeiros que dicimos que a saúde ten que estar por diante, pero, se se decreta un peche na práctica da hostalaría, no mesmo DOG en que está ese peche teñen que estar as axudas. Neste momento estamos nunha situación moi desesperada".
Por iso, o BNG vai reclamar no Parlamento de Galicia a posta en marcha dun plan de rescate da hostalaría.