O BNG pide que o pazo de Meirás sexa un símbolo da memoria histórica
Publicado o 20/11/2020 15:46
O BNG quere que o pazo de Meirás sexa de uso público e titularidade galega.
A líder do partido, Ana Pontón, visitou hoxe o inmoble, coincidindo co 45 aniversario da morte de Franciso Franco, e destacou a importancia da sentenza que permite a súa recuperación.
A voceira do BNG no Parlamento Europeo e o deputado da formación no Congreso acompañaron a Pontón, que apuntou que o pazo debe converterse nun símbolo da memoria histórica.