O BNG pide que o Sergas se anticipe á terceira onda e contrate máis persoal
Publicado o 14/01/2021 15:35
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, pediu este xoves "anticipación" á Xunta na contratación de persoal sanitario ante un posible "incremento da presión hospitalaria".
"Hai que anticiparse para que se tomen as medidas para evitar un colapso do sistema" para o que son necesarios "máis recursos e máis persoal", insistiu a líder nacionalista, que urxiu "anticipación", en tanto que se "nos está dicindo que van vir semanas moi duras".
A proposta do BNG, incidiu Pontón, é "en positivo e sen máis ánimo que contribuír a que superemos o máis rápido esta terceira onda" e poñendo en valor o persoal sanitario que "está a chegar exhausto" a este novo episodio da pandemia despois dun ano "sen pausa para controlar un virus sen precedentes".
Máis sobre actualidade
02/03/2021 16:09