O BNG pide que a Xunta xestione o 100 % dos comedores escolares nos centros públicos
Publicado o 01/07/2021 14:18
O BNG pide que a Xunta garanta o comedor escolar nos centros públicos a todo o alumnado. Nunha visita ao colexio A Maía de Ames, a voceira nacional do partido lembrou que o 25 por cento deste servizo en Galicia está xestionado polos concellos e as ampas, como é o caso deste centro.
Ana Póntón insistiu en que os comedores escolares non son un servizo complementario, senón unha necesidade fundamental para a conciliación das familias.