CRTVG

Buscar

O BNG pide no Congreso a nacionalización de Alcoa San Cibrao se fracasa a venda

Publicado o 09/09/2020 18:26

O Congreso votará mañá se lle pide ao Goberno medidas para atallar a crise industrial en Galicia. O BNG foi que presentou a moción.

Néstor Régo pediu un plan de reindustrialización para Galicia. E para as industrias electrointensivas como Alcoa, o deputado nacionalista, demandoulle ao Goberno o cumprimento do compromiso demorado da aprobación do estatuto das electrointensivas. Rego tamén lle reclamou ao Executivo a nacionalización da factoría de San Cibrao se fracasa a venda.

"Para evitar a catástrofe económica e social que tería en toda a comarca o peche. Se esa negociación fracasa, o Goberno español debería estar disposto á intervención pública para a nacionalización da factoría. Nin o marco normativo galego, nin o do Estado, nin o da Unión Europea impiden a nacionalización de Alcoa. Polo tanto, esta solución só necesita da vontade política das administracións públicas", di Néstor Rego, deputado do BNG.

Noticias web

09/09/2020