CRTVG

Buscar

O BNG pide axudas para a descarbonización en Galicia

Publicado o 12/12/2019 23:09

A portavoz nacional do BNG destacou en Bruxelas as necesidades de Galicia con vistas a unha transición enerxética xusta. Ana Potón reuniuse coa coa directora de Mercados de Carbono para explicarlle as particularidades do país e a necesidade que Galicia estea incluída nos plans de transición enerxética xusta. Nesta xornada estivo acompñada pola voceira do BNG en Europa e polo concelleiro das Pontes, Kiko da Silva, que insistiron na importancia de optar a estas axudas para manter a industria, con alternativas ao carbón na planta de Endesa nas Pontes.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/12/2019