O BNG pide a declaración de zona castrátrofica na Ribeira Sacra polos danos da sarabia
Publicado o 17/06/2021 15:15
A líder do BNG visitou a comarca de Valdeorras, onde se reuniu con axentes económicos e colectivos sociais.
No Centro Tecnolóxico da Lousa, Ana Pontón analizou cos seus directivos a situación deste sector clave para a comarca. Tamén se reuniu coa xunta de persoal do hospital de Valdeorras e cos representantes sindicais.
A portavoz nacional do Bloque anunciou que a súa formación vai solicitar no Parlamento axudas para compensar os danos da sarabia na Denominación de Orixe Ribeira Sacra.