CRTVG

Buscar

O BNG pide a comparecencia extraordinaria do conselleiro de Sanidade

Publicado o 22/07/2021 16:35
O BNG pide a comparecencia extraordinaria do conselleiro de Sanidade

Ante esta quinta onda da pandemia, o BNG acaba de solicitar que se reúna a Deputación Permanente do Parlamento, o órgano que queda activo na Cámara cando hai vacacións. Os nacionalistas entenden que o conselleiro de Sanidade debe comparecer no pleno para explicar que medidas se están tomando para frear os contaxios. A Deputación Permanente reunirase nos próximos días para decidir se aproba esta solicitude e convoca un pleno extraordinario.

Noticias web

22/07/2021