O BNG pedirá a creación dunha Axencia Europea dos Océanos
Publicado o 20/05/2019 12:22
A candidata do BNG ao Parlamento Europeo participou en Vigo nun encontro con representantes do sector pesqueiro.
Ana Miranda insistiu en que é o BNG quen defende en Bruxelas a pesca tradicional ou un repartimento de cotas xusto para Galicia. Ademais, adiantou que pedirán a creación dunha Axencia Europea dos Océanos.