CRTVG

Buscar

O BNG non pedirá carné para ir nas súas listas

Publicado o 22/02/2019 20:45

O BNG inicia a configuración das candidaturas para as eleccións xerais e non pedirá carné da formación para integrarse nelas. Ante as ofertas doutros partidos, Ana Pontón di que as súas listas están abertas a todas as persoas que teñan un "compromiso real" co país. Asegura que as forzas estatais deixaron claro que Galicia sempre pode esperar. Di que o BNG é un partido de confianza, unido e cohesionado e unha garantía para que se volva escoitar a voz de Galicia no Congreso. "Imos ir a un escenario sen maiorías absolutas. E nese escenario un, dous, tres deputados e deputadas do BNG son máis útiles para Galicia que 23 ao servizo de Iglesias, Casado ou Sánchez", asegurou Pontón. 

Noticias web

22/02/2019