CRTVG

Buscar

O deputado do Bloque, Néstor Rego, non acudirá á apertura da lexislatura no Congreso

Publicado o 21/01/2020 12:30

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, anunciou este martes que non acudirá á apertura da  XIV Lexislatura, xa que "está pensada como un acto protocolario co xefe do Estado" e "carece de sentido desde o punto de vista do traballo na propia Cámara".

"Non imos estar, mantendo unha posición coherente coa que xa tivemos non asistindo á rolda de consultas co rei", explicou Rego nunha conferencia de prensa ofrecida na sede do BNG en Santiago de Compostela.

O parlamentario nacionalista galego insistiu en que el entende que a lexislatura "xa se iniciou o día 3 de decembro coa toma de posesión dos deputados e, evidentemente, coa propia sesión de investidura".

Deste xeito, o BNG sumarase a ERC, que tampouco acudirá ao acto solemne de apertura de lexislatura por estar presidido polo monarca, Filipe VI.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí