O BNG lanza unha campaña de apoio ao comercio local
Publicado o 27/11/2020 14:44
E coincidindo co Venres Negro, asociado ao consumo e ás compras, o BNG lanza unha campaña de apoio ao comercio local.
A portavoz nacional, Ana Pontón, e a voceira municipal en Santiago, Goretti Sanmartín, presentaron esta iniciativa precisamente nunha tenda do centro da cidade. Baixo o título "Mellor local, mellor galego", a campaña quere apostar pola proximidade e polo produto de proximidade para dinamizar o sector do comercio.