O BNG impulsará novas residencias públicas de maiores
Publicado o 24/06/2020 15:11
A candidata do BNG mantivo este mediodía un encontro cos veciños das Pontes, no que se comprometeu a dotar a Galicia de novas residencias públicas de maiores.
Ana Pontón defendeu a existencia duns servizos públicos de calidade e dixo que os coidados a maiores e pequenos van ser unha prioridade para os nacionalistas.