CRTVG

Buscar

O BNG homenaxea a Castelao e pídelle ao Goberno central que cumpra coa axenda galega pactada

Publicado o 12/01/2020 14:54

O BNG homenaxeou esta mañá a Castelao en Rianxo, a súa vila natal. O Bloque abriu o curso político coa tradicional ofrenda floral, recordando que hai 70 anos da morte do máximo referente do nacionalismo galego.

A súa voceira nacional, Ana Pontón, insistiu en que este será o ano do cambio real en Galicia e que o proxecto do BNG é liderar esa transformación.

Recordou que o papel do Bloque foi fundamental nas negociacións do acordo de investidura para que a axenda galega estea en Madrid. Pediulle ao goberno estatal que agora cumpra cos compromisos adquiridos.

"Desexámoselle moitos acertos e que sexa un Goberno valente á hora de enfrontar o debate sobre o modelo de estado, de atender a reclamación das nacións sen entado como Galiza e á hora de botar abaixo todas esas contrarreformas laborais desde as que atacan os nosos dereitos como traballadores e traballadoras ata aquelas que poñen en risco a liberdade de expresión como a lei mordaza".

Noticias web

12/01/2020