O BNG esíxelle ao futuro goberno a supresión da peaxe de Rande
Publicado o 26/12/2019 13:20
O BNG propón un sistema de novas bonificacións para os usuarios da AP-9. Tamén lle poñen deberes ao futuro goberno de España mentres non se logre a transferencia e gratuidade da autoestrada: unha serie de obxectivos inmediatos que pasan polo mantemento do emprego, o levantamento das barreiras cando haxa retencións ou a supresión da peaxe de Rande.