CRTVG

Buscar

O BNG esixe á Xunta e ao Goberno proxectos industriais alternativos nas Pontes

Publicado o 21/01/2021 16:01

A voceira do BNG falou do peche de Endesa nas Pontes. Esíxelles ao Goberno e á Xunta que presenten proxectos industriais alternativos para crear emprego directo. 

E pregúntanse como é posible que non se anticiparan ao anuncio de peche e tiveran xa un plan B sobre a mesa. Di que é unha mostra máis do desinterese das administracións por Ferrolterra. E anuncia que redobrarán a presión parlamentaria na busca de solucións para a comarca.

Ana Pontón fixo estas declaracións en Ferrol despois de reunirse con dirixentes municipais do BNG. 


 

Noticias web

21/01/2021