O BNG esixe a intervención de Alcoa San Cibrao ante a "dilatación" da súa venda
Publicado o 20/04/2021 15:16
O BNG pide unha intervención pública inmediata de Alcoa San Cibrao, ante a inminente fin do prazo para a venda da factoría. Ana Pontón cre que non se pode dilatar un proceso que polonga a incerteza dos traballadores.
Ana Pontón, voceira Nacional do BNG: "Hai unha vía pola que optou o Goberno que nós apoiamos de maneira responsable, que é a venda. Estase dilatando, e Alcoa seguramente non actúa de boa fe. Nós cremos que hai que darlle un futuro a esta comarca".