CRTVG

Buscar

O BNG escenifica en Santiago o acto simbólico 'Nada que celebrar'

Publicado o 06/12/2018 14:56

O BNG escenificou o seu rexeitamento á Constitución española e a reclamación da soberanía de Galicia nun acto na praza do Obradoiro, dentro da campaña 'Nada que celebrar', cunha composición en que podía lerse 'Galiza Nación. República galega'.

A súa portavoz nacional, Ana Pontón, criticou a carta magna, asegurando que consolidou un réxime centralizador que mantivo os provilexios da elites, que non resolve os problemas de Galicia. Reivindicou que a reforma da Constitución debe basearse na realidade plurinacional e no dereito á autodeterminación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/12/2018