O BNG e o PSdeG pídenlle á Xunta "medidas contundentes" e que exerza as súas competencias
Publicado o 20/08/2020 15:09
O BNG pide á Xunta medidas máis contundentes para para facer fronte á expansión da covid-19 en Galicia. Ana Pontón pediu a realización de test masivos na área da Coruña e incrementar o número de rastrexadores.
Dende o PSdeG reclaman máis transparencia e que exerza as súas competencias. Pablo Arangüena dixo que non se poden botar balóns fora nunha situación tan crítica como a que estamos a vivir.