CRTVG

Buscar

O BNG e o Bloco de Esquerda afianzan a súa estratexia conxunta

Publicado o 19/04/2021 16:22

O BNG e o Bloco de Esquerda portugués afianzaron a súa alianza estratéxica para reforzar a Eurorrexión. Escolleron unha biblioteca pública do centro do Porto para escenificar ese proxecto común para impulsar as infraestruturas, o idioma e a cultura que comparten Galicia e norte de Portugal.

Tanto a voceira do BNG, Ana Pontón, como a coordinadora nacional do Bloco de Esquerda, Catarina Martíns, puxeron o acento en darlle pulo ao Corredor Atlántico e tamén na mellora das infraestruturas ferroviarias que melloren e conecten aínda máis as empresas e veciños da Eurorrexión. 

Segundo a líder nacionalista, "para Galiza é chave esa proxección internacional, tecer unha alianza estatéxica con Portugal para o desenvolvemento dos nosos sectores económicos. Non vivir da competencia, senón dunha cooperación intelixente que nos faga ver que ambos lados da raia temos intereses comúns. Hai que romper con ese eixo centralista que esta favorecendo unha visión das infraestruturas radial que favorece o eixe mediterráneo".

A formación lusa tamén comparte a idea de combater os excesivos centralismos de ambos os dous gobernos. 

"Hai unha solidariedade que debe coexistir con Galicia. E unha responsabilidade para responder ante as poboacións, dun lado e doutro da fronteira, que teñen unha conexión tan próxima", asegura Martíns.

O Bloco de Esquerda anunciou tamén que convidará o BNG á Asemblea da República en Lisboa para intervir nos comités sobre a Eurorrexión.

 

Noticias web

19/04/2021