CRTVG

Buscar

O BNG di que, malia o respiro da venda de Alcoa, a situación só se resolverá co abaratamento da electricidade

Publicado o 06/08/2019 13:28

O BNG referiuse hoxe á venda da planta de Alcoa na Coruña. Para a formación nacionalista, a operación dá un respiro aos traballadores pero cren que a situación non vai resolverse mentres o goberno central non aprobe un estatuto que abarate a electricidade para as empresas.

Olalla Rodil, BNG: "Un respiro de dous anos que non resolve o problema de fondo, que é a urxencia de contar cun estatuto para as empresas electrointensivas que poña fin ao escándalo que vivimos neste país de ser produtores excedentarios de enerxía eléctrica e vemos, ao mesmo tempo, como miles de postos de traballo están na picota polo prezo da luz".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

06/08/2019