O BNG di que a lei que penaliza as herdanzas en vida é unha "invasión de competencias" de Galicia
Publicado o 27/05/2021 14:57
O Partido Popular cre que o Goberno está "obsesionado con subir os impostos", mentres que o BNG critica que este proxecto supón unha "invasión nas competencias" de Galicia.
Os socialistas galegos retan o presidente da Xunta a recorrer a lei, despois de que nas últimas horas Núñez Feijóo o cualificase de "ilegal".
Ana Pontón, portavoz nacional do BNG: "Temos unha posición moi clara no BNG: Galicia ten dereito a decidir neste ámbito. É unha invasión de competencias que non beneficia a maioría de galegos".