O BNG desmárcase da decisión da alcaldesa de Lugo de que o San Froilán recupere as barracas
Publicado o 28/09/2021 17:10

En Lugo está a medrar o debate no bipartito polas instalacións da feira San Froilán. A alcaldesa, a socialista Lara Méndez, anunciaba esta mañá que os traballos están en marcha e nun chío subliñaba a importancia de que Lugo conte con barracas.
A concelleira de Cultura, do BNG, desmarcouse, e dixo que calquera cousa que poida suceder será responsabilidade da alcaldesa. Maite Ferreiro non quixo pronunciarse sobre se esta intervención de Lara Méndez nun asunto que é competencia do Bloque pode provocar unha crise de goberno.