CRTVG

Buscar

O BNG denuncia o “machismo político” que limita o 8-M

Publicado o 05/03/2021 18:27

 A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu este venres o "dereito das mulleres para manifestarse o 8 de marzo", Día da Muller, e cargou contra o "machismo político" de quen tenta tratar as mulleres como "cidadás de segunda ás que hai que tutelar".

Nunha conferencia de prensa, Pontón referiuse á decisión da Delegación do Goberno en Madrid que prohibiu por motivos de "saúde pública" todas as manifestacións convocadas para o 7 e o 8 de marzo na rexión e que obedece, ao seu xuízo, a unha campaña "orquestrada polo PP e Vox á que parece que tamén sucumbe o PSOE".

A líder nacionalista, acompañada polas deputadas Olalla Rodil e Noa Presas, acusou os partidos de dereita e extrema dereita de cuestionar o dereito democrático das mulleres para manifestarse na rúa.

 

Noticias web

05/03/2021