CRTVG

Buscar

O BNG demanda máis recursos e profesores para os centros escolares

Publicado o 18/09/2020 14:10

Para o BNG, o Goberno galego non está a garantir un inicio seguro do curso escolar. Insiste en que é necesario dotar os centros de máis recursos e profesores.

Ana Pontón di: "O que nos preocupa moito é a seguridade nos centros, e que debería haber máis recursos para que os centros poidan contar con todas as medidas de seguridade extra e que teñan ademáis máis profesores porque o que se contratou é insuficiente, porque a resposta é desigual en función dos centros".




 

Noticias web

18/09/2020