CRTVG

Buscar

O BNG demanda máis investimentos na sanidade pública

Publicado o 18/09/2021 17:09

Membros do BNG e simpatizantes da formación concentráronse diante do centro de saúde de Castro de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei, para solicitar a reactivación deste tipo de ambulatorios.

Os nacionalistas aseguran que os recortes na atención primaria carrean demoras na atención aos pacientes e fan que algúns centros estean pechados por falta de persoal sanitario.

Demandan para evitar esta situación un plan de choque cun investimento de 200 millóns de euros.  De feito, xa comezaron a recoller sinaturas para pedirlle á Consellería de Sanidade a apertura e dotación de persoal.

 

Noticias web

18/09/2021