O BNG demándalle a Feijóo que na Conferencia de Presidentes defenda a xestión dos fondos Next Generation
Publicado o 29/07/2021 16:39
O Bloque Nacionalista Galego demándalle ao presidente da Xunta que na Conferencia de Presidentes de mañá defenda que a xestión dos fondos Next Generation destinados a Galicia se faga directamente dende aquí, e que os destinatarios deses cartos sexan PEMES, autónomos e traballadores, en troques de grandes empresas.