O BNG critica que o Goberno pretenda incentivar os que prolonguen a súa vida laboral
Publicado o 15/10/2021 14:18
O BNG e a CIG consensuan a batería de emendas que presentarán á reforma do sistema de pensións do Goberno. Piden que as pensións mínimas se equiparen ao 60 por cento do salario medio e volver a instaurar nos 65 a idade de xubilación. Critican que o Goberno pretenda incentivar os que prolonguen a súa vida laboral.
"É aplicar incentivos con recusos públicos. É un despropósito tendo en conta que hai un 40 por cento de paro xuvenil. Fomentar que a xente se manteña máis alá da idade legal de xubilación nos postos de traballo significa automaticamente dificultar a entrada de persoas novas no mundo laboral", di Néstor Rego, voceiro do BNG no Congreso.