CRTVG

Buscar

O BNG critica que a Audiencia Nacional abra dilixencias á súa líder por inxurias á Coroa

Publicado o 10/08/2020 11:46

O BNG critica que a Audiencia Nacional abra dilixencias de investigación contra Ana Pontón por supostas inxurias á monarquía.

Refírese á información publicada no xornal ABC sobre a decisión da Fiscalía de investigar a voceira nacional do Bloque ante as denuncias que presentou a asociación monárquica Concordia Real Española.

En concreto, o xornal, que cita fontes xudiciais, explica que a denuncia e a apertura de dilixencias é por unhas declaracións que fixo Pontón o 25 de xullo. Ese día, con motivo da visita a Santiago dos reis, dixo que non ían parar ata que xulguen os Borbóns por ladróns e por corrupción.




 

Noticias web

10/08/2020