CRTVG

Buscar

O BNG critica a "incautación" de superávit a municipios e propón que sexa a Fegamp quen negocie co Goberno

Publicado o 20/07/2020 16:55

O Goberno de Pedro Sánchez quere que os concellos lle presten o seu superávit para afrontar a crise. A cambio, devolveríalles parte nos dous próximos anos. É o que está negociando coa Federación Española de Municipios, presidida polo alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Para o BNG, é unha situación inédita e inxusta e supón, din, unha incautación. Quere que sexa a Federación Galega de Municipios quen negocie directamente co Goberno español.

Noticias web

20/07/2020