CRTVG

Buscar

O BNG critica a Constitución e pide un novo estatus de soberanía

Publicado o 06/12/2020 14:31

O BNG non celebrou o Día da Constitución, pero a voceira nacional, Ana Pontón, fixo unha declaración institucional no Panteón de Galegos Ilustres, para reclamar a soberanía para Galicia.

O BNG rexeita unha norma que se usa -di- como arma contra a diversidade, os dereitos e a propia existencia de Galicia. Acusa os partidos estatais de querer convertela nunha reliquia e defende que a solución pasa por un novo estatus político que permita a Galicia tomar as súas propias decisións.

Noticias web

06/12/2020