O BNG cre inadmisible que o Goberno non aplicase xa as rebaixas nas peaxes da AP-9
Publicado o 28/02/2021 14:35
Caravana de protesta na Coruña contra as peaxes na AP-9. Algo máis dun cento de vehículos percorreron varias rúas da cidade ata chegar á Delegación do Goberno para reclamar a fin destes cobros.
Desde o BNG consideran "inexplicable" e "inadmisible" que o Goberno central aínda non aplique as rebaixas nos cobros da autoestrada do Atlántico. Din os nacionalistas que unha vez que xa están as partidas presupostarias, non hai razón ningunha para que sigan atrasando a aplicación das medidas previstas.
Refírense á bonificación para os usuarios recorrentes, a absorción das subas nas peaxes previstas ou a gratuidade do treito Vigo-Redondela.
Máis sobre A Coruña
14/04/2021 15:32