CRTVG

Buscar

O BNG considera "claramente insuficientes" os indultos e reclama a amnistía

Publicado o 22/06/2021 15:16

Os nacionalistas galegos do BNG cren que os indultos son "insuficientes". O deputado do Bloque no Congreso, Néstor Rego, pide directamente a amnistía para os presos, para os procesados polo procés e mais para os que considera exiliados, é dicir, os fuxidos como Puigdemont.

Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso: "É unha medida insuficiente. O que corresponde, tal e como reclaman as formacións independentistas catalás, é a amnistía, porque de ningunha forma exercer dereitos democráticos pode ser considerado un delito".

Noticias web

22/06/2021