O BNG comprométese a poñer en marcha un plan de reactivación do sector cultural
Publicado o 03/07/2020 15:20
Acto de campaña do BNG hoxe na Coruña, para falar de cultura. A candidata á presidencia da Xunta mantivo un encontro con representantes de diferentes sectores da cultura galega, cos que se comprometeu a poñer en marcha un plan de reactivación nos primeiros cen días de goberno.
Para Ana Pontón, a cultura galega é a mellor carta de presentación que podemos ter no mundo.