CRTVG

Buscar

O BNG compromete unha bolsa de 4.000 vivendas de alugueiro para mozos

Publicado o 22/02/2020 15:09

O BNG  mantén que o acceso á vivenda será unha prioridade se goberna na Xunta.  A súa candidata compométese a crear un plan de alugueiro destinado a mozos con catro mil vivendas na vindeira lexislatura.

Diante das últimas casas de promoción pública en alugueiro construidas en Santiago, hai máis de dez anos, cando o Bloque tiña responsabilidades de goberno nesta materia, Ana Pontón dixo que a Xunta  esqueceu desenvolver unha política de vivenda social. Asegurou que o PPDeG incumpriu "a promesa feita na última campaña electoral de por a disposición dos galegos 10 mil vivendas en alugueiro en 40 núcleos históricos.

Pontón afirmou que  dedicará máis recursos e medios  para garantir o dereito a unha vivenda digna ás persoas con menos recursos.

"Cremos que isto é posible se se reactivan as políticas sociais de vivenda, se reactivan medidas de tipo fiscal e se se fai presión por exemplo, para que os fondos buitre ou os  bancos que están collendo unha importante bolsa de vivendas as poñen a disposición das persoas. Cremos que hai que crear un plan especial de acceso á vivenda dotado de cen millóns de euros",afirma  Ana Pontón candidata do BNG á presidencia da Xunta.

 

Noticias web

22/02/2020