CRTVG

Buscar

O BNG compromete o seu apoio ao sector cultural e avoga por redifinir o Xacobeo 2021

Publicado o 07/03/2020 15:30

O BNG compromete o seu apoio ao sector cultural "como elemento central -din- de desenvolvento económico" do país".  A súa voceira, Ana Pontón, asegura que o cinco de abril queren abrir un tempo novo que supoña unha "primavera cultural". 

Logo dun encontro con representantes do sector, Pontón asegurou que a Xunta diminuíu "un sesenta por cento os orzamentos destinados á cultura, nos últimos once anos". Dixo que as políticas desenvoltas dende o goberno galego foron "unha demolición cultural".
A candidata nacionalista avoga por unha nova lei galega do audiovisual como sector estratéxico de creación de riqueza e por redifinir o Xacobeo 2021. 

 

"O compromiso que temos no BNG  é redefinir o Xacobeo 2021 para que sexa un escaparate da cultura galega e dos nosos creadores que axude a crear rede e que axude a que sexa un elemento de internacionalización da propia cultura do noso país", Ana Pontón candidata do BNG á presidencia da Xunta

 

Noticias web

07/03/2020