O BNG chama á mobilización o 8 de marzo
Publicado o 26/02/2019 15:31
Esta mañá, as deputadas do BNG reuníronse diante do Parlamento para facer un chamamento á mobilización o vindeiro 8 de marzo. Ana Pontón recalcou a importancia da implicación coa causa feminista para frear políticas que supoñen retrocesos en materia de xénero.