CRTVG

Buscar

O BNG celebrou en Santiago un acto electoral de reencontro coa militancia

Publicado o 14/06/2020 17:31

O BNG celebrou en Santiago un acto electoral de reencontro coa militancia. Foi no Multiusos Fontes do Sar no que o Bloque congregou un cento de persoas no mesmo espazo que hai apenas uns meses encheu, sen as limitacións impostas pola covid-19, cun milleiro de asistentes. A súa candidata, Ana Pontón, dixo que o BNG está preparado para darlle un futuro digno a Galicia.

Noticias web

14/06/2020