CRTVG

Buscar

O BNG celebra o desbloqueo no Congreso da transferencia da AP-9 a Galicia

Publicado o 16/06/2021 15:21

O BNG agarda que en outono haxa avances para a transferencia da AP-9 a Galicia. A Mesa do Cogreso decidiu non prorrogar máis o prazo de emendas, logo de que o deputado da formación, Néstor Rego, solicitase axilizar este trámite para desbloquear a lei.

Néstor Rego, deputado do BNG no Congreso: "Se non se producen novas dilacións, en outono pode estar concluída a lei de transferencia da AP-9, un paso máis no camiño que para o BNG ten un obxectivo claro: que a AP-9 sexa galega e libre peaxe".

Noticias web

16/06/2021