CRTVG

Buscar

O BNG celebra hoxe a manifestación polo Día da Patria

Publicado o 25/07/2020 09:49

O BNG celebra este sábado a manifestación polo Día da Patria. Sairá da Alameda e rematará na Quintana, cun formato adaptado a estes tempo de coronavirus.

Onte, Galiza Nova, a súa organización xuvenil, rendeulle homenaxe a Rosalía e a Castelao. Fixérono cunha ofrenda floral no panteón de galegos ilustres. A voceira nacional do BNG lembrou que se cumpren 100 anos da celebración do Día da Patria, o 25 de xullo. Ana Pontón, agradaceulles aos mozos a súa contribución ao resultado histórico do BNG e apelou á súa forza para un cambio en 2024.

 

Noticias web

25/07/2020