CRTVG

Buscar

O BNG avoga por un novo modelo de financiamento "xusto" para Galicia

Publicado o 08/02/2020 17:40

O BNG difire do PSdeG sobre a negativa de Facenda de devolverlles o IVE ás comunidades. Os nacionalistas insiten que o camiño é a vía xudicial. Con todo, din que a xustiza non vai solucionar o problema de fondo.

Así o aseguraba a súa vicevoceira parlamentaria, Olalla Rodil, despois do encontro que mantivo esta mañá con representantes das tres universidades e con profesionais da investigación de cara á elaboración do programa electoral da formación. Rodil avoga por un novo modelo de financiamento autónomico  "xusto" "para non depender da vontade do goberno" central.

Olalla Rodil, BNG: " Dixémolo dende o primeiro momento, o que tiña que facer o Partido Popular é recorrer á vía xudicial pero isto non soluciona o problema de fondo" ."Necesitamos ir a un modelo de concerto, recadar aquí os nosos propios impostos e non depender da vontade do goberno de quenda"

 

Noticias web

08/02/2020